Compostela lectora, Compostela de libro
Praza da Quintana
do 3 ao 12 de outubro
A Semana do Libro de Compostela de 2025 celebra a vida que se dá arredor do libro e a lectura na cidade.
Desde a idea que aínda non tocou o papel, ata ese recuncho verde dun parque no que nos sentamos a gozar das páxinas dun libro, esta cidade é á vez produtora de literatura cun músculo verdadeiramente potente e cidade lectora que goza compartindo os seus descubrimentos. E iso merece unha festa! Durante dez días reúnense na Praza da Quintana editoras, librarías e artistas para amosarnos as súas edicións máis recentes e presentárnolas de modo que as gocemos con todos os sentidos. Conversas, concertos, recitais, obradoiros e paseos cos que deleitarnos de vagar, sen présas e coa proximidade que dá esa reunión anual no corazón da Compostela histórica.